Skip to main content

As profecías bretonas e o proceso de paz de Irlanda do Norte, temas de dúas charlas en Maxisterio

Dous profesores da Universidade de Rennes II de Francia ofrecerán esta semana dúas conferencias na Escola Universitaria de Formación do Profesorado abertas a toda a poboación pero destinadas principalmente aos alumnos da escola na especialidade de linguas estranxeiras.
A primeira das charlas estará a cargo do profesor Hervé Le Bihan, que falará sobre ‘Profetas e profecías nos bretóns’, o mércores 5 ás 16:00 horas, no salón de actos do centro.
Ao día seguinte, xoves, o profesor Yann Bevant falará da situación socio política de Irlanda do Norte despois do proceso de paz. Será ás 12:30 horas tamén no salón de actos do centro.

The contents of this page were updated on 03.04.2008.