Skip to main content

A EPS organiza en Lugo o primeiro curso internacional sobre sistemas agroforestais ao amparo do programa Erasmus

É a primeira vez que se celebra un encontro destas características en Europa

O Campus de Lugo foi o lugar escollido para a celebración do I Curso Internacional Avanzado de Sistemas Agroforestais, que se organiza ao amparo do programa Erasmus a partir do 31 de marzo na Escola Politécnica Superior. É a primeira vez que se celebra un curso destas características en Europa e foi a Universidade de Santiago, e concretamente a EPS, a que obtivo por concurso a coordinación desta actividade, que está financiada con fondos Europeos e organizada coa colaboración da Consellaría de Medio Rural. Os profesores de Lugo Rosa Mosquera e Antonio Rigueiro son os encargados da súa coordinación.
O curso dura tres semanas, as dúas primeiras terán lugar no Campus lugués e a terceira en Estremadura, onde os alumnos poderán visitar un dos sistemas agroforestais máis destacados, a dehesa.
Participan un total de 32 alumnos e máis de vinte profesores seleccionados en universidades de Suíza, Alemaña, Irlanda, Reino Unido, Italia, Grecia, Portugal e Túnez. En España participan tamén alumnos de Oviedo e Estremadura, ademais, dos da USC.
O encontro tratará sobre a utilización de sistemas agroforestais a escala europea para o manexo sostible do territorio. Centraranse principalmente no sistemas silvopastorais. Durante o mesmo combinaranse as clases teóricas con visitas técnicas rematando cunha sesión de proba final por videoconferencia.
No curso estará impartido por especialistas de varios países europeos e doutros continentes, entre os que se atopa o director do Center for Subtropical Agroforestry (University of Florida) e experto en agronomía e edafoloxía, Ramachandran P.K. Nair, que recibirá en datas próximas o doutorado honoris causa da USC.

The contents of this page were updated on 03.12.2008.