Concerto de 'Tres peixes voando' na Igrexa da Universidade
Os responsables do programa da Radio Galega ‘Tres peixes voando’ cantarán ao vivo este xoves, día 6, as cancións que versionan nese espazo radiofónico de grandes clásicos populares. O concerto desta formación terá lugar ás 21:00 horas na Igrexa da Universidade.
Tres peixes voando, formación integrada por Ugia Pedreira, Xabier Díaz e Guillerme Fernández, interpretarán grandes éxitos musicais e temas da canción galega dos anos 70, a movida viguesa dos 80 ou a nova composición dos 90.