Skip to main content

A USC inicia unha campaña de recollida de instrumentos de bandas musicais para o pobo saharaui

Recolleranse unicamente os instrumentos que estean en perfectas condicións

A USC, ante as necesidades transmitidas recentemente pola ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática na súa visita a Compostela, acaba de iniciar unha campaña de recollida de instrumentos de bandas musicais para a súa utilización dentro de distintos proxectos culturais nos campamentos.
Para organizar esta campaña os responsables universitarios cursaron unha solicitude formal fóra da USC aos conservatorios, escolas de música e federacións de bandas de música da comunidade e, xa na Universidade, solicitando a colaboración da comunidade universitaria.
Dada a escaseza de tempo –a campaña remata o venres 14 de marzo- os coordinadores inciden na necesidade de que estes instrumentos estean en bo estado de conservación para seren utilizados dende a súa chegada aos campamentos. De non ser así, non poderán ser recollidos.
Colaboración co SáharaNa visita dos pasados días da ministra Jadiya Hamdi á USC concretáronse varias accións de axuda, entre as que destaca a elaboración conxunta dun plan de formación de técnicos en cooperación internacional que rache así coas trabas burocráticas que o pobo saharaui se atopa cando pretende concursar a algún destes proxectos. Por outra banda, a Vicerreitoría de Relacións Institucionais facilitou a cesión de dous computadores portátiles para a sede do Ministerio en Rabuni.

The contents of this page were updated on 03.11.2008.