Skip to main content

O catedrático Luis Hueso reflexiona nunha conferencia sobre a relación entre as matemáticas e o cine

O catedrático de Historia do Cine da USC, Luis Hueso Montón, participa este mércores 12 no programa de actividades complementarias organizadas ao redor da exposición ‘Dos ábacos aos computadores’.
A conferencia leva por título ‘Cando as Matemáticas fan cine’ e celebrarase este mércores, día 12, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
‘Dos ábacos aos computadores’ é unha mostra de carácter didáctico que pretende aproximar ao visitante ao proceso evolutivo que abrangue dende os sistemas de cálculo das culturas orientais, grecorromanas e islámicas ao progreso no cálculo matemático na Idade Moderna co deseño das primeiras máquinas e as figuras de Pascal, Babbage, Hollerith ou Torres Quevedo ata a aparición no século XX da informática.

The contents of this page were updated on 03.11.2008.