Investigadores do CHUS explican o seu traballo en Neurorreparación
Os investigadores Iván Cristobo Luaces e Pedro Ramos Cabrer, do Laboratorio de Investigacións en Neurociencias Clínicas do CHUS, explicarán este venres, día 7, o seu traballo en Neurorreparación.
A charla, enmarcada no ciclo sobre xenética médica que organiza o Grupo de medicina xenómica da USC, terá lugar ás 13:00 horas na Aula 2 do centro hospitalario.