Skip to main content

Quince medallas para a USC no Campionato Galego Universitario de Natación

Os nadadores da Universidade de Santiago acadaron un total de quince medallas -1 ouro, 7 pratas e outros tantos bronces- nas modalidades individual e en grupo no Campionato Galego Universitario de Natación que tivo lugar o pasado venres en Ferrol.
O ouro foi para Uxía Neira nos 50 bolboreta feminino, mentres que as pratas conseguíronse nos 4x50 estilos e libre feminino, 50 costas e libre feminino, 100 costas feminino, 100 braza feminino e 100 estilos feminino.
Xa o bronce recaeu nos 4x50 estilos e libre masculino; nos 50 costas, braza e libre feminino; e nos 100 bolboreta e estilo feminino.

The contents of this page were updated on 03.17.2008.