Skip to main content

Protagonistas das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela lembran as súas experiencias nunha mesa redonda en Filosofía

Protagonistas das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela participarán este martes 25 nunha mesa redonda organizada no marco das actividades relacionadas coa exposición ‘Do Gaudeaumus igitur ao Venceremos nós. As mobilizacións estudiantís en Compostela no 68’.
A sesión comezará ás 19:30 horas na Facultade de Filosofía coa participación de Vicente Álvarez Areces, Carmen Beltrán, Fermín Bouza, Xose María Méndez Doménech e Xesús Sanxuás, todos eles protagonistas dos acontecementos dos que agora se cumpren corenta anos. A mesa redonda estará presidida polo vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres Feijó, e moderada polo comisario da mostra Ricardo Gurriarán.

The contents of this page were updated on 03.24.2008.