A mostra 'Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos nós' amplía o seu período expositivo ata o día 3 de abril
A Vicerreitoría de Cultura da USC ampliará o período de apertura ao público da mostra ‘Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela’ ata o próximo día 3 de abril ante a boa acollida da exposición que en menos dun mes, dende a súa apertura o 28 de febreiro, xa recibiu máis de 8.000 visitas. A mostra pode visitarse no Colexio de Fonseca.
Dos ábacos aos computadoresPor outra banda, a mostra: Dos ábacos aos computadores, que se pode ver ata o vindeiro mércores 26 na Igrexa da Universidade, iniciará a partir do mes de abril a súa itinerancia por distintas salas de exposición galegas da Obra Social de Caixanova en Pontevedra, Ourense e Vigo rematando no Campus de Lugo xa no comezo do vindeiro curso académico.
Coincidindo co peche desta mostra Germán Díaz ofrecerá este mércores 26 un concerto de zanfona, caixa de música e órgano de barbaria titulado ‘n (ou sexa Pi)’.