Skip to main content

A profesora da Universidade de Cardiff Ruth Duncan participa na USC nun ciclo de charlas sobre Química Supramolecular

A profesora de Bioloxía Celular e Liberación de Fármacos da Welsh School of Pharmacy da Universidade de Cardiff, Ruth Duncan, atópase esta semana na USC para participar no ciclo de cursos, seminarios e conferencias en Química Supramolecular que organiza o Departamento de Química Orgánica da USC co financiamento do Ministerio de Educación.
A primeira das citas previstas coa profesora Duncan será este mércores 26 ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química onde desenvolverá unha chala de introdución á nanomedicina, con especial atención ao papel dos polímeros.
Na xornada do xoves 27, igualmente ás 12:00 horas, Ruth Ducan pronunciará o relatorio ‘Polymer conjugates as anticancer agents: drug combinations and PDEPT/PELT therapies. Dendrimers or linear polymers ?’. Finalmente, o venres 28 a partir das 10:00 horas na Aula Magna, a intervención prevista leva por título ‘Polymer-Protein Conjugates. Non Viral Vectors for Cytosolic Delivery’.

The contents of this page were updated on 03.25.2008.