Skip to main content

Un seminario da USC explica a xestión eficaz das reunións

Dotar aos asistentes da formación necesaria para conducir eficazmente unha reunión, xestionando o tempo e acadando os obxectivos propostos, é o propósito do Seminario de Xestión Eficaz de Reunións que organiza a USC xunto con Uniemprende. As sesións académicas celebraranse o xoves 6 e venres 7 na Aula de Formación do Edificio CACTUS.
O curso, cuxo prazo de inscrición remata o vindeiro luns 3, terá unha duración de 13 horas e está destinado especialmente a xente da empresa, membros da comunidade universitaria e emprendedores.
Impartidas pola actual directora de recursos humanos do Grupo Loida Delia Frade, as xornadas profundarán na dirección das reunións, os tipos ou a súa preparación e seguimento. Ademais, falarase sobre as ferramentas útiles para a toma de decisións e cómo manexar situacións e persoas difíciles.

The contents of this page were updated on 02.25.2008.