Skip to main content

Presentación dos cursos de formación continua da USC 'Cultura e cata de viño'

O profesor da USC especialista en historia do viño e a alimentación, Xavier Castro, presentará este mércores, día 13, xunto co director xeral de Turismo, Rubén Lois, os cursos de formación continua ‘Cultura e cata de viño’ nas súas modalidades básica e de perfeccionamento.
A presentación terá lugar ás 12:00 horas no Hotel Virxe da Cerca nun acto no que ademais se servirán viños das 5 denominacións de orixe de Galicia que comentará a enóloga Cristina Alcalá.
Achegarse á historia da cultura e cata do viño tanto en Galicia coma no conxunto español é o propósito dos cursos de formación continua que se desenvolverán nos meses de marzo e abril na USC e para os que xa está aberto o prazo de inscrición, que rematará o 29 de febreiro. O profesor da USC Xavier Castro, especialista en historia do viño e a alimentación, e Cristina Alcalá, experta en cata e autora do libro El mundo del vino contado con sencillez, serán os responsables da docencia, que se impartirá no Hotel Virxe da Cerca os luns e mércores de 20:00 a 22:30 horas, do 3 ao 31 de marzo no caso do curso básico e do 2 ao 30 de abril no de perfeccionamento.

The contents of this page were updated on 02.12.2008.