Skip to main content

Os efectos do resevatrol, a análise nunha charla no CHUS

O investigador do Departamento de Fisioloxía da Facultade de Veterinaria Juan Rubiolo participará cunha charla, este venres 15, no ciclo de Xenética Médica que organiza o Grupo de Medicina Xenómica da USC.
A intervención de Rubiolo, que leva por título ‘Efectos do resevatrol sobre o estatus redox e a proliferación en cultivos de hepatocitos de rata’, desenvolverase a partir das 13:00 horas na Aula 2 do CHUS.

The contents of this page were updated on 02.14.2008.