Skip to main content

A Universidade de Santiago participa no Forum Gastronómico Santiago'08

A Universidade de Santiago colabora na organización do Forum Gastronómico Santiago’08 que se celebra entre os vindeiros días 16 ao 20 no Palacio de Congresos e Exposición de Galicia baixo o lema ‘As cociñas do Atlántico’.
A institución académica compostelá puxo a disposición deste evento un stand no que os visitantes poderán atopar información relativa á Fundación Dieta Atlántica da USC. Ademais, o grupo de Novos Medios desenvolveu unha espazo web (http://www.forum-santiago.org/) no que ofrece ao visitante a posibilidade de familiarizarse con produtos que definen a alimentación e a cultura de Galicia. Este espazo, que recibe a denominación de ‘Coas nosas mans’ tamén pode visualizarse en formato audiovisual no stand da USC.

The contents of this page were updated on 02.15.2008.