Skip to main content

O uso do galego entre os docentes da Universidade de Santiago supera o 20 por cento neste curso académico

O dato recólleo o último número d'O Cartafol Dixital da USC que xa está en liña

Dispoñible a través da rede, o último número d’O Cartafol Dixital da USC correspondente ao mes de xaneiro, recolle que o emprego do galego entre os docentes da universidade durante este curso académico é do 20,16 por cento, fronte ao castelán, lingua maioritaria cun uso do 74,87 por cento. Na mesma liña, a publicación advirte das diferenzas lingüísticas por departamentos e profesorado.
Ademais de contar coas habituais seccións ‘Axenda’, ‘Ruxe-ruxe’ e ‘Arriba e abaixo’, O Cartafol número 39 lembra que o 2008 é o ano das linguas e anuncia cursos para a elaboración de unidades didácticas, de linguaxe xurídica e para mellorar a escrita en lingua galega.
Destinado a toda a comunidade universitaria para dar a coñecer as iniciativas que xurdan a prol do galego, o Cartafol dixital é un boletín mensual de noticias sobre a lingua na Universidade de Santiago.

The contents of this page were updated on 02.15.2008.