Skip to main content

A catedrática María Paz García Rubio, nomeada presidenta da Comisión de Elaboración de Informes do Programa Verifica

A catedrática de Dereito Civil da USC, María Paz García Rubio, vén de ser nomeada presidenta da Comisión de Elaboración de Informes do Programa Verifica, creado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) para a ordenación das novas ensinanzas universitarias oficiais.
A catedrática García Rubio, ex vicerreitora de Calidade e Planificación da USC, coordinará os traballos dos presidentes das comisións do Programa Verifica, correspondentes ás cinco ramas do coñecemento, tratando de asegurar o cumprimento da legalidade, a coherencia das propostas e asegurar os obxectivos fixados para a construción do Espazo Europeo de Educación Superior en materia de titulacións.

The contents of this page were updated on 02.18.2008.