Skip to main content

Unha das máis recoñecidas expertas europeas en recuperación cerebral tras dano imparte unha conferencia na USC

A intervención da catedrática sueca Barbro Johansson será este mércores ás 13:00 horas en Medicina

A prestixiosa catedrática de Neuroloxía da Facultade de Medicina de Lund (Suecia), Barbro Johansson, impartirá este martes, día 19, unha conferencia na que explicará o significado de plasticidade cerebral e neuroxénese na recuperación do dano cerebral ou medular. Intervirá ás 13:00 horas na Aula Castelao da Facultade compostelá de Medicina.
A profesora Johansson é una figura de recoñecemento internacional no eido da recuperación cerebral tras dano. O seu lugar de traballo, o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Lund-Instituto Wallenberg de Neurociencias, está considerado o máis importante de Suecia no campo experimental.
A catedrática abordará na súa conferencia a maneira de enfocar a recuperación do paciente con dano cerebral ou medular adquirido tras trauma ou accidente vascular así como as perspectivas a curto prazo para a recuperación deste tipo de pacientes mediante implantes de células madre ou tratamentos farmacolóxicos, entre outros.

The contents of this page were updated on 02.18.2008.