Skip to main content

As Facultades de Bioloxía, Química e Medicina e Odontoloxía acollen a defensa de tres teses

‘Agricultura sostenible en los Andes Tropicales. Importancia de la materia orgánica en la conservación de la fertilidad del suelo’ é o título da tese de doutoramento que Josefa Abadín Campañó, do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, defenderá este xoves, día 21, ás 11:30 horas no Salón de Actos do Instituto Agrobiolóxico de Galicia (CSIC). Dirixiron o traballo Serafín González Prieto e Felipe Macías Vázquez.
Xa ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química, a doutoranda Cristina Sánchez Sixto defenderá a súa tese ‘Diseño y síntesis de nuevos inhibidores del enzima deshidroquinasa con potencial actividad antibiótica’, do que son directores Concepción González Bello e Luis Castedo Expósito.
A lectura deste traballo de investigación realizarase ante un xurado presidido polo científico do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid, Jesús Jiménez, e composto polos profesores da Universidade de Santiago, Juan R. Granja; de CEU San Pablo, Sonsoles Martín; de Valencia, Gregorio Asensio; e do Instituto Universitario de Bio-Orgánica ‘Antonio González’, Ángel Gutiérrez, quen tamén actuou como secretario.
Pola tarde, na Facultade Medicina e Odontoloxía a doutoranda do Departamento de Fisioloxía María del Carmen Romero Pita defenderá ás 18:00 horas a tese ‘Análisis de la actividad celular en la corteza inferotemporal, la amígdala, el caudado y el putamen, durante la realización de una tarea visuomotora‘. O profesor Francisco González García dirixiu este traballo de investigación.

The contents of this page were updated on 02.20.2008.