Skip to main content

Os socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitan este sábado os conventos composteláns

Un grupo de socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago farán un percorrido este sábado 23 polos conventos de clausura da cidade.
O percorrido polos lugares da contemplación e do silencio comezará no Convento das Mercedarias, onde visitarán o interior da igrexa e o locutorio. A continuación, no Convento de Sta. Mª Belvís (monxas dominicas), coñecerán o interior da Capela da Nosa Señora do Portal. Tamén visitarán o antigo cemiterio dos monxes de Santo Domingo, hoxe chamado Parque de Bonaval. A ruta rematará no interior da igrexa do Convento de Sta. Clara.
Os socios, que partirán ás 10:00 horas da Oficina de Turismo sita na Rúa do Vilar, aproveitarán para probar a exquisita repostaría que elaboran as monxas.

The contents of this page were updated on 02.22.2008.