Skip to main content

A X Promoción de Licenciados en Química celebra este venres o acto académico de finalización de estudos

A X Promoción de Licenciados en Química celebrará este venres 18 o acto académico de finalización de estudos nunha sesión que presidirá a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso, a partir das 17:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química. Acompañaran á vicerreitora o decano do centro, Ramón José Estévez Cabanas; o presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, José Antonio Rodríguez Vázquez; e os padriños da promoción, os profesores do Departamento de Química Inorgánica, Adolfo Rodríguez Rodríguez e Rufina Bastida de la Calle.
O programa do acto comezará coa intervención, en representación do alumnado, de Jorge Otero Fraga ao que lle seguirá a proxección dun vídeo conmemorativo. Deseguido tomarán a palabra os padriños, o presidente do Colexio profesional da especialidade e o decano do centro. Completando a xornada procederase á entrega de insignias e diplomas aos integrantes da promoción.

The contents of this page were updated on 04.17.2008.