Skip to main content

Responsables da OJD explican en Ciencias da Comunicación o seu funcionamento

Profesores e alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago asistirán este mércores, día 23, a unhas xornadas sobre a Oficina de Justificación de la Difusión (OJD), cuxo obxectivo é medir a difusión e distribución das publicacións periódicas e do tráfico en internet en España.
O encontro dará comezo ás 10:00 horas no auditorio do centro cunha conferencia do director xeneral de OJD, Eusebio Serrano, e un coloquio moderado polo catedrático de Xornalismo, Xosé López García.
Deseguido intervirán o director de Medios Interactivos de OJD, Manuel Sala, e o de Medios Impresos, José Antonio Pérez Alaminos, para participar posteriormente nun debate moderado polo profesor de Xornalismo Francisco Campos.

The contents of this page were updated on 04.22.2008.