Skip to main content

Pecha o prazo de inscrición para o curso de fotografía dixital da Facultade de ADE

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo pecha este venres 25 o prazo de inscrición para o curso de fotografía dixital e Photoshop que dará comezo no mes de maio. Esta acción formativa está dirixida a persoas con coñecementos de fotografía e organizada polo profesor José Federico García Fernández.
O curso será impartido por José Reigosa Piñeiro do 7 de maio ao 5 de xuño, todas as tardes dos mércores e xoves, de 17:00 a 19:00 horas. O programa comprende os sistemas de arquivo en RAW e JPEG así como as características da imaxe dixital. Así mesmo, abarcará unha ampla explicación do sistema de traballo e edición das fotografías mediante o programa Photoshop.
Os interesados en participar deberán apuntarse na dirección de correo electrónico fegafe [at] lugo.usc.es (fegafe[at]lugo[dot]usc[dot]es) indicando nome, correo electrónico, teléfono e enderezo. Os seleccionados deberán abonar os 40 euros que custa o curso tras a súa admisión.

The contents of this page were updated on 04.24.2008.