Skip to main content

Miguel Túñez reelixido decano da Facultade de Ciencias da Comunicación

O profesor da Área de Xornalismo Miguel Túñez acaba de ser reelixido decano da Facultade de Ciencias da Comunicación no transcurso dunha Xunta de Facultade na que obtivo 16 votos a favor, 4 en branco e 1 nulo. O equipo decanal complétano Marta Pérez Pereiro como secretaria e Fernando Redondo e Berta García Orosa como vicedecanos.
O reto máis inmediato que deberá afrontar este equipo será a adaptación dos planos de estudo de Xornalismo e Comunicación Audiovisual á inminente implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. Ademais, outro dos obxectivos do decano será o de avanzar no proceso de proxección exterior da Facultade abríndoa e acercándoa, “máis se cabe”, á sociedade galega e ao conxunto do sector produtivo da comunicación en Galicia e no estado.

The contents of this page were updated on 04.29.2008.