Skip to main content

Presentación dos actos conmemorativos organizados co gallo do 25 aniversario da Licenciatura en Odontoloxía (1983-2008)

A Licenciatura de Odontoloxía da USC cumprirá este ano o vinte e cinco aniversario da súa creación en 1983 cunha ampla programación de actividades que presentarán este mércores, día 6, en rolda de prensa os responsables do centro.
Na presentación, que se vai celebrar a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, José Mª Fraga Bermúdez; a vicedecana María Jesús Mora Bermúdez; e o profesor e integrante da Comisión Organizadora, David Suárez Quintanilla.
A conmemoración dará comezo oficialmente o próximo venres, día 8, coa colocación dunha placa conmemorativa no Recanto da Saudade do Campus Sur, e prolongarase ao longo de todo o presente ano cunha programación de actos na que se inclúen, entre outras iniciativas, unha exposición conmemorativa, un libro oficial da efeméride, unha xuntanza de todas as promocións de alumnos, diversas reunións científicas ou certames de fotografía, narrativa e ao mellor traballo publicado.

The contents of this page were updated on 02.04.2008.