Skip to main content

Arranca o programa do VIII Coloquio Compostelán de Lóxica e Filosofía Analítica

O VIII Coloquio Compostelán de Lóxica e Filosofía Analítica botará a andar o vindeiro martes 29 coa celebración da primeira das xuntanzas previstas na que o profesor da Universidade de Padova, Davide Fassio, pronunciará a conferencia titulada ‘Is knowability Factive?’. A intervención desenvolverase a partir das 16:30 horas no Seminario 330 do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). Deseguido, comezará unha sesión de debate que moderará o profesor da USC Juan Vázquez Sánchez.
A próxima cita do coloquio será o día 13 de marzo nunha xornada na que José Luis Zalabardo disertará sobre ‘Por que crer a verdade?’. Nesta sesión presentarase unha crítica aos que din que o concepto de crenza inclúe unha norma segundo a que é incorrecto crer proposicións falsas mentres que está permitido crer naquelas verdadeiras.
O Coloquio inclúe un total de sete sesións a celebrar ao longo do presente mes e dos de marzo, abril e xuño a modo de xuntanzas de seminario, de corte informal, onde se presentan e debaten temas de interese específico, interdisciplinario e transversal dos ámbitos de investigacións dos especialistas convidados.

The contents of this page were updated on 01.25.2008.