Skip to main content

A residencia universitaria Monte da Condesa celebra cun concerto o Día da Paz

A residencia universitaria Monte da Condesa celebrará o Día da Paz este mércores, día 30, cun concerto dos pianistas Rubén Castro e Javier González. O recital ‘Músicas para a Paz’, que con entrada libre terá lugar ás 21:00 horas na Sala do Piano da residencia, pretende reclamar o papel da música como canle de transmisión de sentimentos e ideas e ponte entre persoas das máis diversas orixes.
Os intérpretesRubén Castro, (Begonte, 1987) cursou os estudos de Grao Medio na especialidade de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba. No concerto interpretará a Sonata Nº 8 Op. 13, “Patética”, de Ludwig Van Beethoven.
Pola súa banda, Javier González (Teo, 1986) Completou a súa formación clásica no Conservatorio de Santiago de Compostela, realizando posteriormente estudos de música moderna e jazz en Estudio, escola de música. Neste recital ofrecerá unha versión persoal e rica en improvisación e creatividade de diversos standards e temas de jazz.

The contents of this page were updated on 01.29.2008.