Skip to main content

Inícianse na residencia Bal y Gay unha serie de encontros semanais entre os estudantes estranxeiros e os do Campus de Lugo

Este xoves día 3 darán comezo na residencia de estudantes Bal y Gay os Encontros entre Estudantes Internacionais, unha nova actividade organizada pola vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para a dinamización e fomento da mobilidade entre os universitarios.
Esta actividade terá lugar todos os xoves deste mes ás 21:00 horas no salón de actos da residencia e consistirá en diferentes presentacións nas que os estudantes estranxeiros darán a coñecer os aspectos da vida cotiá dos seus países, así como información xeral das súas universidades.
Estes encontros están promovidos polos propios estudantes e constitúen unha oportunidade para o diálogo aberto entre o alumnado estranxeiro e os estudantes e profesores do Campus lugués, o que favorece o intercambio de experiencias e valores.
Na reunión de mañá participarán en primeiro lugar Gereon Kapp, que procede da universidade alemana de Albert-Ludwigs, en Freiburg, e a continuación intervirá Mary Bradley, que ven da University of Durham, en Escocia.
Esta actividade semanal englóbase dentro do programa elaborado para o Campus de Lugo co obxectivo de fomentar a participación dos estudantes nos programas de mobilidade con distintos países do mundo cos que conta a USC.

The contents of this page were updated on 04.02.2008.