Skip to main content

Presentación do Programa Xeral de Mobilidade cara fóra do Espazo Europeo de Educación Superior 'Xan de Forcados'

Este programa aglutinará todos os convenios bilaterais e acordos multilaterais que a institución compostelá mantén con outras universidades

A USC acaba de crear o Programa Xeral de Mobilidade cara fóra do Espazo Europeo de Educación Superior ‘Xan de Forcados’ no que se aglutinarán os convenios bilaterais e acordos multilaterais que a institución compostelá mantén con outras universidades.
As principais características deste programa así como un avance das actividades previstas para o período 2008-2010 presentaranse este mércores 2 nunha rolda de prensa na que intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; o xefe da Oficina de Relacións Exteriores da USC, Enrique López Veloso; e o coordinador de Relacións Exteriores,Francisco Javier Sanjiao Otero. O acto celebrarase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
O programa Xan de Forcados englobará cada ano os distintos instrumentos que na USC pretenden fomentar a mobilidade dos universitarios e complementa o Programa de Aprendizaxe Permanente SOCRATES / ERASMUS desenvolvido pola Unión Europea para fomentar a mobilidade no espazo europeo e nos territorios limítrofes.

The contents of this page were updated on 04.01.2008.