Skip to main content

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou o seu 40 Aniversario premiando a profesores, alumnos, investigadores e empresarios

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou o seu 40 Aniversario premiando a profesores, alumnos, investigadores e empresarios
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou o seu 40 Aniversario premiando a profesores, alumnos, investigadores e empresarios

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou este venres os corenta anos de existencia destes estudos na USC premiando a licenciados e doutores con mención extraordinaria, traballos académicos escritos en galego, ao docente José Carlos de Miguel e a colaboración da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre.
O acontecemento inaugurouno a vicerreitora de Calidade e Planificación, María Dolores Álvarez, xunto coa decana María Teresa Cancelo. Ambas destacaron o “importante papel do alumnado” na historia dun centro que, segundo María Teresa Cancelo, tamén destaca pola súa labor docente e investigadora.
No transcurso do evento, a decana entregou unha mención especial ao profesor do Departamento de Economía Cuantitativa da USC José Carlos de Miguel. Tamén galardoou á Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre co Premio FULGET, concedido pola Facultade en recoñecemento á colaboración de empresas ou colectivos empresariais en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica e o seu contorno profesional.
No mesmo acto, entregáronse distincións aos licenciados e doutores con mención extraordinaria e dos correspondentes diplomas aos gañadores dos III Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos organizados pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade. Finalmente, a celebración rematou coa intervención do que fora decano da Facultade quen tamén cumpriu corenta anos, Luis Suárez-Llanos.
Corenta anos de cambiosA decana, na súa intervención, repasou a historia deste centro dende que comezou no curso 1967-1968 na Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais. Este centro, que non contaba cun edificio de seu, percorreu ao longo de case dez anos espazos como a antiga Facultade de Dereito, os barracóns do Burgo das Nacións, a Facultade de Farmacia e o edificio de Fonseca, ata chegar, en 1976, ao seu emprazamento actual. Ao longo destes anos, foi variando a súa denominación e acabou por converterse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

The contents of this page were updated on 04.04.2008.