Skip to main content

A responsabilidade por danos ambientais, tema dunha conferencia este venres en Dereito

O profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla Jesús Jordano Fraga falará este venres, día 30, na Facultade de Dereito da responsabilidade por danos ambientais.
Na conferencia, que será ás 12:00 horas no Salón de Graos do centro, o experto desgranará as claves dunha cuestión de forte actualidade e interese especial en Galicia tras o sucedido, entre outros, co ‘Prestige’, como son as accións en materia de danos ao medio ambiente.

The contents of this page were updated on 05.29.2008.