Skip to main content

Inaugúrase a terceira edición do Curso de Experto en Dereito de Sucesións

O Salón de Graos da Facultade de Dereito acolle este venres, día 11, o acto de apertura da III edición do Curso de Experto en Dereito de Sucesións no que, ás 19:30 horas, pronunciará a lección inaugural o presidente da Sala 1ª do Tribunal Supremo, Xiol Ríos. A conferencia, titulada ‘A recente xurisprudencia da Sala 1ª do Tribunal Supremo en materia de sucesións’, está aberta ao público interesado.
O Curso de Experto en Dereito de Sucesións, no que en edicións anteriores participaron xa máis dun cento de profesionais do mundo xurídico galego, está dirixido polos profesores de Dereito Civil da USC Ángel Luis Rebolledo Varela e Ana Díaz Martínez e será impartido por relevantes maxistrados, notarios, rexistradores, avogados e profesores universitarios. O seu obxectivo é facilitar as tarefas de asesoramento e as actuacións diante dos tribunais de xustiza e as Administracións públicas por parte dos profesionais nas materias propias do Dereito de sucesións.
Esta III edición que agora comeza rematará a finais do mes de maio de 2008 e actualizará os coñecementos dos participantes cun especial seguimento das últimas reformas lexislativas, doutrina e xurisprudencia no eido da sucesión por causa de morte.

The contents of this page were updated on 01.09.2008.