A Área de Deportes organiza para as vindeiras fins de semana dúas rutas de sendeirismo
A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura da USC, organiza para o sábado 12 e 26 deste mes dúas rutas de sendeirismo que transitarán por Cotobade e pola zona santiaguesa do río Tambre, respectivamente.
A primeira das rutas, que terá unha lonxitude de 15 quilómetros aproximadamente, conta cun desnivel baixo e cunha dificultade media-baixa. Por outra banda, o segundo traxecto será de 22 quilómetros cun desnivel e dificultade medio.
A inscrición nas rutas, cuxo prazo estará aberto ata o mércores anterior á súa celebración, formalizarase nas Oficinas da Área de Deportes emprazadas na Piscina Universitaria, no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) ou nas extensións telefónicas 15070, 15071, 15072, 15073 ou 15076. O prezo para os membros da comunidade universitaria é de 15 euros e para o resto de 20 euros.