Skip to main content

As Universidades de Santiago de Compostela e a Nacional 'San Luis Gonzaga' de Ica (Perú) intercambiarán persoal docente e investigador

Juan Marino Alva entregoulle ao reitor compostelán a medalla conmemorativa do 50 aniversario da Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica
Juan Marino Alva entregoulle ao reitor compostelán a medalla conmemorativa do 50 aniversario da Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica

As Universidades de Santiago de Compostela e a Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica (Perú) intercambiarán o seu persoal docente e investigador, segundo manifestaron hoxe os seus máximos responsables, os reitores Senén Barro e Juan Marino Alva, respectivamente, na xuntanza que mantiveron este martes no Colexio de San Xerome.
Na recepción a comitiva peruana, que estivo acompañada polo profesor da USC Celso Rodríguez, entregoulle ao reitor compostelán a medalla conmemorativa do 50 aniversario da Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica.
Para establecer os termos do intercambio de profesores e investigadores, así como de estudantes de terceiro ciclo, as dúas institucións asinaron un convenio marco no que se determinan as áreas iniciais ás que se aplicará o acordo, que son as de ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas e as pesqueiras e agrícolas.

The contents of this page were updated on 01.08.2008.