Skip to main content

O Hospital Clínico Veterinario Rof Codina inicia un sistema de xestión integral sen papeis

O novo modelo de xestión comezou a funcionar a pasada semana en materia de facturación e busca de historiais
O novo modelo de xestión comezou a funcionar a pasada semana en materia de facturación e busca de historiais
Este sistema quedará reducido a unha web de uso interno e para alumnos da facultade luguesa

Neste mes de xaneiro o Hospital Clínico Veterinario Rof Codina vén de por en marcha o seu programa Hospital Sen Papeis, co que se pretende eliminar o papel da xestión e manter toda a información do centro nunha web interna que se manexa dende os diferentes departamentos.
O proxecto tivo o seu inicio no ano 2004, cando se empezou a desenvolver un primeiro proxecto para crear unha base de datos de imaxes. Durante o transcurso do mesmo comezou a xerminar a idea de crear o hospital sen papeis polo que posteriormente se firmou un convenio co departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago para desenvolver os eixes principais deste proxecto. Dende a pasada semana, a iniciativa comeza a funcionar subvencionada co proxecto Lucas Labrada da Consellaría de Innovación e Industria, que permite ao hospital ter durante os próximos dous anos a un enxeñeiro informático desenvolvendo este programa e adaptando o funcionamento do centro a este proceso.
O sistema escollido para a xestión do hospital sen papeis é unha páxina web dentro da intranet do centro á que teñen acceso todas as terminais e que nun principio ofrece facturación e busca de historiais. Nos dous anos que quedan de programa a intención é que todo o proceso se informatice, en especial a parte diagnóstica, onde o proceso é máis complicado.
Coa posta en marcha deste novo sistema, no que o Rof Codina convértese en pioneiro dentro da USC, o hospital comeza un proceso para adaptarse a esta importante tecnoloxía o que supón o cambio de maquinaria adecuada ao proceso dixital.
Con esta nova aplicación, toda a información que se manexa no hospital, dende a docente á propia de clínica, está nun soporte dixital que permite aos facultativos traballar de xeito rápido e complexo. As historias dos pacientes, os resultados de análises e probas estarán activados en todo momento na web interna o que permite obter un diagnóstico de xeito máis rápido.
Ademais, cada departamento ten unha configuración dentro da páxina totalmente distinta, adaptada ao traballo que desenvolve. Na actualidade este sistema se está remodelar e ampliar de xeito ordenado atendendo á demanda dos profesionais e pouco a pouco se están a introducir modificacións sen por elo deixar de funcionar.
Actualmente a maior parte da información recollida en papel está xa a disposición dos facultativos na web e toda a que se xere a partir de agora estará a disposición de todos neste sistema con acceso personalizado.
A intención inmediata do sistema é ofrecer un servizo aos facultativos e persoal docente aínda que a intención é amplialo de cara a un uso por parte dos alumnos. O sistema queda preparado para que, no momento que se desexe, a páxina sexa de acceso público, de forma que os estudantes podan consultar os casos reais atendidos no centro, tratamentos empregados e diagnoses realizadas atendendo sempre á protección de datos.

The contents of this page were updated on 01.08.2008.