Skip to main content

O ciclo 'Xenética Médica' volve cunha charla sobre enfermidades renais monoxénicas

A conferencia terá lugar este venres 11 ás 13:00 horas na Planta Baixa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

O ciclo de charlas ‘Xenética Médica’ comeza de novo coa charla titulada ‘Enfermidades renais monoxénicas’ que pronunciará o doutor do Departamento de Nefroloxía, Xosé Manuel Lens. A conferencia terá lugar este venres 11, ás 13:00 horas, na Aula 2 da Planta Baixa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Durante o mes de xaneiro, a programación deste ciclo, organizado polo grupo de Medicina Xenómica da USC, continuará o venres 25 co relatorio ‘Resonancia magnética de proteínas e ácidos nucleicos. Estructura e interacciones’ que dará o doutor Víctor Sánchez Pedragal.

The contents of this page were updated on 01.10.2008.