Skip to main content

Presentación do ciclo de concertos 'Lubicán' do Convenio Lugo Cultural

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres Feijo; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; o delegado da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; o delegado da Área de Cultura da Deputación, Antón Veiga, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, presentarán este mércores día 16 un novo ciclo de concertos da programación de Lugo Cultural.
A presentación desta nova actividade, terá lugar na Sala de Prensa do Vicerreitorado de Lugo, ás 11:30 horas. Nela exporanse os novos concertos que se celebrarán todos os cuartos xoves de mes baixo o título xenérico de ‘Lubicán’.

The contents of this page were updated on 01.15.2008.