Skip to main content

O psicólogo David Facal recibe este mércores o IV Premio Humanitas convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

O psicólogo David Facal recibe este mércores o IV Premio Humanitas convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

O psicólogo da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer (AGADEA), David Facal Mayo, recibirá este mércores 16 o IV Premio Humanitas que convocan o Consello Social da USC e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) e que está dedicado a resaltar accións solidarias.
A entrega do premio celebrarase nun acto que dará comezo ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Consello Social (Casa da Concha) coa participación do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Jose M. Mayán Santos; e do presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Perfecto Yebra Martul-Ortega.
David Facal, a quen se lle quere recoñecer o seu intenso traballo de apoio a persoas que padecen Alzheimer así como ás súas familias, recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, unha insignia de prata da AAAAUSC e un diploma acreditativo.

The contents of this page were updated on 05.03.2022.