Skip to main content

O Premio Nobel de Medicina Harold Varmus reuniuse na USC con investigadores galegos

O reitor da USC recibiu a Varmus no Colexio de San Xerome
O reitor da USC recibiu a Varmus no Colexio de San Xerome

Investigadores galegos no eido da Medicina, e máis concretamente no da oncoloxía, reuníronse este venres no Centro de Estudos Avanzados con Harold Varmus, Premio Nobel de Medicina de 1989, que estes días visitou a cidade no marco do programa Conciencia.
Na xuntanza no CEA, á que acudiron numerosos estudantes, doutores, profesores e investigadores, Varmus comezou reflexionando sobre a importancia da xenética moderna para combater o cancro. Na súa intervención falou de dous mundos contrapostos na investigación oncolóxica entre a década dos 70 e 90, como son a oncoloxía clínica e a xenética molecular, ironizando sobre a idea de que algún día non moi lonxano poidan ir da man.
Varmus comezou a súa visita a Compostela este xoves para pronunciar no Centro sociocultural da Fundación Caixa Galicia a conferencia ‘Por que é importante a ciencia?’, que contou coa asistencia dun numeroso público. Xa esta mañá foi recibido polo reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, no Colexio de San Xerome onde asinou no libro de firmas da USC.

The contents of this page were updated on 05.23.2008.