Skip to main content

Ciencias da Comunicación celebra o Día da Liberdade de Expresión

A Facultade de Ciencias da Comunicación conmemorará o vindeiro luns 5 o Día da Liberdade Expresión dentro das actividades de celebración do patrón do centro. O acto central celebrarase a partir das 13:00 horas no Auditorio da Facultade e contará coa presenza do vicevaledor do Pobo e licenciado do centro, José Julio Fernández, e da xornalista Isabel Quintairos.
O programa da xornada inclúe ademais a proxección de traballos realizados por alumnos do centro, nunha iniciativa organizada polo profesor Fernando Redondo e alumnas da Licenciatura en Comunicación Audiovisual.

The contents of this page were updated on 05.02.2008.