Skip to main content

O embaixador ruso visitou a Universidade de Santiago

Senén Barro e Alexander I. Kuznetsov, no centro da imaxe, reunidos xunto coa responsable de cultura da Embaixada e o profesor Agustín Dosil
Senén Barro e Alexander I. Kuznetsov, no centro da imaxe, reunidos xunto coa responsable de cultura da Embaixada e o profesor Agustín Dosil

O embaixador da Federación de Rusia en España, Alexander I. Kuznetsov, visitou este luns a Universidade de Santiago, onde no seu Paraninfo impartiu a conferencia ‘O papel de Rusia no concerto actual das nacións’.
Ao remate do relatorio, participou na inauguración da exposición ‘Rusia Actual’ na Facultade de Filosofía, acto ao que acudiron tamén o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e a representante en España do Centro Ruso da Cooperación Internacional Cultural e Científica (Rusintercentro), Ilona Yavchunovskaya.
Organizada polo Rusintercentro en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura, a mostra presenta unha selección de fotografías propiedade da Axencia Ria Novosti coa que se pretende ofrecer unha visión da Rusia actual, das súas xentes, paisaxes e arquitectura.

The contents of this page were updated on 05.12.2008.