Skip to main content

Comeza un curso de fotografía dixital na Facultade de ADE

Este mércores 7 dará comezo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo un curso de fotografía dixital e Photoshop dirixido a persoas con coñecementos de fotografía, organizado polo profesor José Federico García Fernández.
O curso será impartido por José Reigosa Piñeiro todas as tardes dos mércores e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, ata o 5 de xuño. O programa comprende os sistemas de arquivo en RAW e JPEG así como as características da imaxe dixital. Así mesmo, abarcará unha ampla explicación do sistema de traballo e edición das fotografías mediante o programa Photoshop.

The contents of this page were updated on 05.06.2008.