Skip to main content

O embaixador ruso pronuncia unha conferencia e inaugura unha exposición este luns na USC

O embaixador da Federación de Rusia en España, Alexander I. Kuznetsov, visita a vindeira semana a Universidade de Santiago para o luns, día 12, ás 12:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), impartir a conferencia ‘O papel de Rusia no concerto actual das nacións’.
Ao remate do relatorio, o embaixador trasladarase á Facultade de Filosofía e, ás 13:30 horas, inaugurará a exposición ‘Rusia Actual’. Neste acto participarán ademais o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e a representante en España do Centro Ruso da Cooperación Internacional Cultural e Científica (Rusintercentro), Ilona Yavchunovskaya.
Organizada polo Rusintercentro en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura, a mostra presenta unha selección de fotografías propiedade da Axencia Ria Novosti coa que se pretende ofrecer unha visión da Rusia actual, das súas xentes, paisaxes e arquitectura.

The contents of this page were updated on 05.09.2008.