Skip to main content

A plataforma SPIP será o tema da cuarta sesión das xornadas de software libre da Aula TIC-Pemes

Este venres 9 celebrarase a cuarta das sesión programadas nas primeiras ‘Xornadas de aplicacións web de software libre para asociacións empresariais’, organizadas en Lugo pola Aula TIC-Pemes da Universidade de Santiago, e que nesta ocasión centrarase nos portais web con SPIP.
A sesión constará novamente dunha conferencia de 45 minutos dirixida a directivos e xerentes de asociacións empresariais e dun obradoiro de dúas horas de introducción no uso da plataforma web de xestión de contidos, para a creación de portais web dirixido aos informáticos e persoal de administración das asociacións.
A conferencia estará a cargo do profesor Luis Gago González, na que exporá a súa experiencia en diferentes portais creados pola USC coa citada plataforma. Así mesmo, falará de Le Monde Diplomatique ou da Asociación Española de Usuarios de Internet, como exemplos significativos de seu uso.
A xornada desenvolverase de 17:00 a 20:00 horas na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. A conferencia será na Aula 3 e a práctica na aula de informática número 1. Na última das sesión, que terá lugar o 16 de maio, tratase sobre o traballo en grupo e a xestión de proxectos con eGroupWare.

The contents of this page were updated on 05.08.2008.