Skip to main content

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC recibe este mércores o Premios Galicia Segura na modalidade de colaborador da actividade aseguradora

Na mesma xornada, os alumnos do curso de Xestión Económica para Mediadores de Seguros celebran o seu acto de graduación

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC recibirá este mércores 14 no Hostal dos Reis Católicos o Premio Galicia Segura na modalidade de ‘Colaborador da Actividade Aseguradora’, convocado polo Instituto Atlántico do Seguro (INADE).
A finalidade destes premios é potenciar os valores profesionais de organizacións, institucións, empresas e profesionais vinculados á actividade da xerencia de riscos e o seguro.
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago resultou premiada xunto a UNESPA, na modalidade de organismos e institucións; Allianz, na de entidade aseguradora; José Ramón Mascareñas Fuentes, como axente de seguros; García Bermello, en calidade de corredoría de seguros; e Informes Técnicos EM, na modalidade de peritos.
Graduación de alumnosCon anterioridade á entrega de premios, os alumnos da primeira edición do curso de Xestión Económica para Mediadores de Seguros celebrarán o seu acto de graduación. A sesión, que dará comezo ás 11:15 horas, forma parte dos actos organizados polo Instituto Atlántico do Seguro (INADE) con motivo do Día Mundial do Seguro.
O curso celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC baixo a dirección do profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Luis Ignacio Rodríguez Gil. Cunha carga de cincuenta horas lectivas, o programa estruturouse en tres módulos que englobaban temas mercantís, contables e de facturación.

The contents of this page were updated on 05.13.2008.