Skip to main content

Papiroflexia na Facultade de Matemáticas

Estudantes fan papiroflexia para aprender matemáticas
Estudantes fan papiroflexia para aprender matemáticas

Os estudantes da Facultade de Matemáticas poderán asistir este luns a unha charla sobre papiroflexia na que se demostrará como xogando co papel se poden aprender matemáticas. A conferencia, que se repetirá o vindeiro 19 de maio, serán ás 17:30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
As encargadas de impartir a charla do ciclo Unha andaina pola Matemática serán as profesoras Covadonga Blanco García, da Universidade da Coruña, e María Teresa Otero Suárez, do IES Antonio Fraguas de Santiago, ambas as dúas membros da Asociación Española de Papiroflexia.
Como explicarán na súa intervención, o origami (papiroflexia en xaponés) pode ser unha grande axuda na educación das matemáticas ao proporcionarlle ao profesor unha óptima ferramenta pedagóxica, ademais de desenvolver a psicomotricidade, fundamentalmente a psicomotricidade fina, así como a percepción espacial.
A destreza manual, a exactitude na realización do traballo e a súa relación con outras disciplinas como as artes son outros factores valorados polas docentes no ensino da papiroflexia, que motiva ao estudante a ser creativo “ao poder desenvolver os seus propios modelos e investigar a conexión que ten coa xeometría non só plana, senón tamén espacial”.

The contents of this page were updated on 05.12.2008.