Skip to main content

Remata en Medicina a xuntanza da Rede de Terapia Celular

Ao encontro asistiron a metade dos investigadores que en España estudan as células nai
Ao encontro asistiron a metade dos investigadores que en España estudan as células nai
Ao encontro asistiron a metade dos investigadores que en España estudan as células nai

A metade dos investigadores que actualmente traballan en España no estudo das células nai remataron este venres a xuntanza que a Rede de Terapia Celular (TERCEL) celebrou ao longo de dous días na Facultade de Medicina da USC para coñecer o estado actual das investigacións neste eido.
A Rede de Terapia Celular constitúena na actualidade vinte e seis grupos pertencentes a universidades, hospitais e centros de investigación de todo o estado, dos que unicamente un é galego, o pertencente á USC. Segundo o coordinador da Rede Javier García Sancho, aínda que o traballo dos investigadores está orientado ao futuro “estamos a procurar que a parte clínica pronto se beneficio dos avances da investigación neste senso”.
En opinión dos promotores da xuntanza, a terapia con células nai será unha das principais armas da medicina nas próximas décadas, “xa existen datos que fan pensar que esta terapia permitirá facer fronte no futuro a enfermidades con grande incidencia social que non poden curarse actualmente”, apunta o profesor da USC José L. Labandeira. O mesmo investigador engade que a técnica tamén facilitará “a obtención de novos órganos a partir de células do propio doente e polo tanto compatibles para transplantes”.

The contents of this page were updated on 11.21.2008.