Skip to main content

O Consello de Goberno somete este martes a aprobación tres novas titulacións de Grao

Filosofía, Xornalismo e Comunicación Audiovisual serán as tres titulacións de Grao que o Consello de Goberno someterá este martes á súa aprobación na xuntanza que comezará ás 9:30 horas no Colexio de San Xerome.
Outras cuestións de índole estritamente académica que se tratará na reunión son algunhas modificacións de POP e a proposta de posgraos propios, ademais da modificación do regulamento de Estudos de Terceiro Ciclo.
O Consello de Goberno debaterá ademais sobre prazas de profesorado, comisión de servizos, a modificación da convocatoria de complementos por méritos docentes e a substitución de membros na Comisión de Estudos de Posgrao. Completan a orde do día a participación da USC no Centro tecnolóxico do Leite, na RedEmprendia e a aprobación da denominación do aulario anexo ao CHUS.

The contents of this page were updated on 11.10.2008.