Skip to main content

O Consello de Goberno aprobou tres novas titulacións de Grao

Filosofía, Xornalismo e Comunicación Audiovisual son as novas tres propostas de titulacións de Grao que o Consello de Goberno da USC aprobou na xuntanza celebrada este martes no Colexio de San Xerome.
Outras cuestións de índole estritamente académica que se trataron na xuntanza foron algunhas modificacións de Programas Oficiais de Posgrao e a proposta de posgraos propios, ademais da modificación do regulamento de Estudos de Terceiro Ciclo.
O Consello de Goberno debateu ademais sobre prazas de profesorado, comisións de servizos, a modificación da convocatoria de complementos por méritos docentes e a substitución de membros na Comisión de Estudos de Posgrao. Completando a orde do día o Consello aprobou a participación da USC no Centro tecnolóxico do Leite, na RedEmprendia e a denominación do aulario anexo ao CHUS.

The contents of this page were updated on 11.11.2008.