Skip to main content

Botan a andar as xornadas 'Mulleres, institucións e política'

Carme Adán, en primeiro termo, acompañada pola decana de Ciencias Políticas, Nieves Lagares, interveu na inauguración das xornadas
Carme Adán, en primeiro termo, acompañada pola decana de Ciencias Políticas, Nieves Lagares, interveu na inauguración das xornadas
No encontro se repasan os avances experimentados polas políticas de igualdade de xénero no ámbito local

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Carme Adán, inaugurou este martes na Facultade de Ciencias Políticas as cuartas xornadas ‘Mulleres, institucións e política’ nas que se debaterán os avances experimentados polas políticas de igualdade de xénero no ámbito local. O encontro, que organiza o grupo de Muller e Política do Departamento de Ciencia Política e da Administración, desenvolverase entre os días 11 e 13.
O debate de cuestións referentes á presenza da muller nas diversas institucións políticas é outro dos obxectivos perseguidos co programa de actividades previsto, no que se sucederán as conferencias, táboas redondas, proxeccións de filmes e debates abertos. Estas actividades permitirán, en opinión das promotoras das xornadas, debuxar unha panorámica de cales son as iniciativas de igualdade que se desenvolvan no espazo local e de cales son os retos aos que se enfrontan as administracións.
Como xa sucedera en anteriores edicións, os estudos de xénero serán os protagonistas da derradeira sesión, na que se celebrará o Foro de novas investigadoras e unha táboa redonda sobre novas masculinidades. As distintas intervencións programadas correrán a cargo de expertas do ámbito académico español e de profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito local.

The contents of this page were updated on 11.11.2008.