Skip to main content

As xornadas divulgativas 'Ga-láctica' comezan este luns no recinto feiral de Lugo

Dentro do programa da oitava edición da Semana da Ciencia en Galicia

As xornadas divulgativas da ciencia do leite, proxecto ‘Ga-láctica’ inícianse este luns 17 de novembro na Aula de Produtos Lácteos. As actividades, que comezarán ás 10:00 horas, prolongaranse ata o 21 de novembro, enmarcadas dentro do programa da Semana da Ciencia, que xa vai pola oitava edición.
As charlas, degustacións e visitas a plantas que se farán nestes días están dirixidas a escolares de entre dez e doce anos de centros de ensino de Lugo. O primeiro colexio en participar este luns será o Maristas La Inmaculada, con 49 alumnos de quinto curso, que se distribuirán en grupos con varios monitores.
A duración de cada xornada será de tres horas dirixidas a presentar as actividades investigadoras desenvolvidas na Aula de Produtos Lácteos. Destacarán os traballos que actualmente se atopan no mercado; realizarase unha breve explicación do diagrama de fluxo que segue calquera traballo de I+D+I, dende a formulación da idea ata a posta en práctica dos resultados obtidos.
Tamén se procederá a degustar os produtos lácteos para salientar as características máis importantes de cada un deles e farase unha visita guiada aos laboratorios e á planta piloto da Aula de Produtos Lácteos, na que os nenos poderán ver de preto as diferentes tecnoloxías empregadas na elaboración de produtos lácteos, e participar en diferentes actividades.
O principal obxectivo das actividades que se organizan para a Semana da Ciencia, que leva xa oito edicións, é involucrar á cidadanía na ciencia e na tecnoloxía.
As xornadas están promovidas pola Consellería de Innovación e Industria, dentro das accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica, ‘Diverciencia’, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE).
Durante as próximas sesións numerosas entidades públicas e privadas, desde universidades e centros tecnolóxicos ata concellos e empresas, abren as súas portas e organizan todo tipo de actividades de divulgación para o público. Así a Fundación Sotavento Galicia, organiza ata o 27 de novembro cursos e obradoiros no seu parque experimental de Sotavento en Xermade (Lugo).
Initia 2.0A USC organiza o programa Initia 2.0, que se celebrará ata o 23 de novembro no campus de Lugo. O obxectivo do programa é iniciar ao alumnado de ensino secundario na actividade investigadora dentro dos centros de investigación, orientado polos investigadores e integrándose no traballo e nos equipos de investigación.
Os participantes pasan a ser un membro máis do equipo de investigación traballando nun proxecto titorizado por profesores e investigadores nas distintas disciplinas do campus de Lugo, ciencias experimentais, Ciencias Sociais e Humanidades.
Relación de colexios que visitarán a Aula de Produtos LácteosLunes 17:-10-11:30 Horas COLEGIO MARISTAS LA INMACULADA: 49 Alumnos de 5º curso.
-12:00-13:30 Horas CEIP A PONTE: 38 Alumnos de 5º y 6º
Martes 18:-9:30-11:00 horas CEIP LUIS PIMENTEL: 45 Alumnos
-11:30-13:00 horas CEIP LUIS PIMENTEL: 45 Alumnos
Miércoles 19:-9:30-11:00 horas CEIP ILLA VERDE: 50 Alumnos de 5º y 6º
-11:30-13:00 horas CEIP LUIS PIMENTEL: 45 Alumnos
Jueves 19:-10:00-11:30 horas COLEGIO Mª AUXILIADORA: 50 Alumnos de 5º
-12:00-13:30 horas CEIP MANUEL MALLO MALLO: 27 Alumnos 3,4,5,6º y CEIP VIRXEN DA SOEDADE: 30 Alumnos
Viernes 20:-9:30-11:00 horas COLEXIO CERVANTES: 47 Alumnos de 5º y 6º
-11:30-13:00 horas GALÉN CENTRO EDUCATIVO: 22 Alumnos de 5º

The contents of this page were updated on 11.14.2008.